VÍCTOR MÉNDEZ - PONTEVEDRA
O clube Ciclista Cultural de Cambados disfrutaba hai unha década dun xoven con talento que viña dende Vilagarcía. Poucos podían pensar entonces que aquel corpulento rodador sería o vencedor nunha etapa da Vuelta, e aínda menos nun final tan esixente como o de onte en Xorret de Catí. Pero Veloso é un gañador. En Portugal e en Catalunya xa sabían da súa capacidade, pero é este éxito o que o presentou en sociedade ante os afeccionados ó deporte de toda Galicia.
– No principio da subida parecías sin forzas. ¿Coñecía o terreno que quedaba por diante?
– Era a primeira vez que facía esa ascensión, pero estudiei o libro de ruta e vin que había rampas do vinte por cento. A miña corpulencia non me permite facer moitos cambios de ritmo. Fixen unha crono desde abaixo e saiu perfecto. Os mantiven á vista en todo momento, e a única arrancada que fixen valeume para gañar.
– ¿Nalgún momento pensou que se lle escapaba a etapa?
– Se pasa pola cabeza, sobre todo cando arrancou o de Cofidis (Taramae) que ía moi forte e soltou a Marzano e a de la Fuente, dos bos escaladores. Ós outros dous sabía que cunha serie os collía. Acabando a subida collín a de la Fuente e a Marzano e vin como o Cofidis estaba reventando por diante. Nese momento dinme conta de que tiña que gañar, e creín nelo.
– Despois da decepción de non poder defender a súa victoria de Catalunya e dos seus problemas alérxicos no Giro, ¿pensaba dar este nivel na Vuelta?
– A verdade é que preparei a Vuelta a conciencia, levaba todo o ano nelo. Está claro que un triunfo como o de hoxe (por ayer) pode máis que todos os malos momentos do resto da tempada.
– Neste momento de éxito, ¿recorda o seu día máis duro sobre a bicicleta?
– Está claro que para saborear os momentos bos primeiro hai que vivir momentos malos. O peor día da miña vida foi no Giro, na subida a Monte Petrano, onde creo que sobrepasei os límites do sufrimento. Tiven unha crise de asma moi forte, como nunca me pasara nin enrriba da bici nin fóra dela, e se me pasou pola cabeza abandonar.
– Onte (polo domingo) chegou a meta a máis minutos dos previstos dos mellores. ¿Levantou o pe pensando en hoxe (por onte)?
– No momento en que me quedei, cando Kirienka empezou a tirar, o primeiro que pensei foi en aguantar o máximo posible. Aguantei un par de kilómetros, pero decidín levantar o pé e coller o meu ritmo. Falei con Álvaro e pregunteille si era preciso forzar pola clasificación por equipos, pero levabamos tres compañeiros por diante e me dixo que gardara forzas. Gracias a eso igual estaba mais forte hoxe (por ayer). Esto é como un caldeiro cheo de moedas, e cando as vas gastando tes menos forzas e posibilidades.
– O futuro do equipo está garantido ata 2010, pero non más alá. ¿É o seu triunfo un motivo máis para a esperanza?
– Está claro que os sponsors se moven pola repercusión, e canto mellor o fagamos será mellor para todos. Hai dúbidas e comentarios, pero eu penso que o Xacobeo Galicia está consolidado e todo o mundo o sinte xa como un referente neste deporte. O noso é deixar a pel na estrada, e o resto xa non dependerá de nós.Penso que o equipo se deixa ver e da unha boa imaxe en tódalas probas nas que participa, que é o noso traballo.
– Despois do seu gran triunfo na Vuelta e da victoria de hai un ano en Catalunya, ¿qué lle queda por facer no ciclismo profesional?
– A min gústame ir pasiño a pasiño, peldaño a peldaño, sin subir moitos de golpe. O meu obxectivo é sempre mellorar respecto ó ano anterior, e deixar que o propio desenvolvemento como ciclista dea os seus froitos con paciencia. Cando chegue o momento de facer algo importante chegará, e se non o fai non pasaría nada porque xa non é fácil lograr o que teño conseguido, e nin eu mesmo me imaxinaba cando pasei a profesionales que ía lograr estes resultados.
– Ezequiel Mosquera volveu a ceder uns segundos na etapa de hoxe. ¿Segue confiando nel como un dos candiatos ao podio de Madrid?
– Hoxe non era un final adecuado para él, era unha subida curta e moi explosiva, e si solo perdeu uns segundos non está mal. Eu sigo pensando que Ezequiel vai estar no seu sitio, porque él nunca falla. Cando se marca un obxectivo cumple sempre, e nas etapas de montaña de Andalucía onde se decidirá a Vuelta él estará entre os mellores. O de hoxe non é para nada significativo.
– ¿Cal será o seu rol de aquí en diante?
– O primeiro obxectivo é estar cerca de Ezequiel, e despois haberá etapas de media montaña, como a de hoxe, que no trascurso son máis tranquilas para Ezequiel e nós podemos aproveitar para meternos nas fugas.
– ¿A quén lle dedica esta victoria?
– Teñ tantos que nin gañando todas as etapas me chegaría. A toda a xente que me sigue, ós compañeiros de Cambados Óscar, José María (director), Pol, Antonio, Noli, a un clube de fans que teño por aí, ó equipo técnico, e evidentemente á miña familia, a muller e o neno, que son os que sufren os efectos dos días malos nos que chego á casa de baixón e me levan para arriba.