Hoxe foi un día apacible, máis ou menos. O único problema chegou nos últimos dez kilómetros, cando se empezaba a ver de cerca o final de etapa. Aí xúntase todo, nestes esprints todos teñen forza e queren disputar. Vaise a mil por hora, e vas vendo que en calquer momento pode chegar unha montonera que te faga perder tempo. Para evitalo tentamos ir diante, que sempre é máis seguro.
Cando son etapas de risco, minimízase moito deste xeito. Tampouco tes que facer un esforzo físico maior que si vas atrás, sempre que non estés de fuciños contra o vento. Son cousas que van para a chepa, máis na xornada de onte (por el domingo) que na de hoxe (por el lunes). Onte había que estar en tensión en todo momento, mira o caso de Samuel (Sánchez) e de outros favoritos, que deixaron tempo por unha caída que se produxo do setenta para atrás. Neste tipo de días é máis duro ir atrás. Os continuos cambios de carreteras, curvas, rotondas, adoquíns, súfrense moito máis na parte trasera. "No veas el látigo que había", díxome un compañeiro que pasou o día nos postos traseiros. Incluso houbo xente que tivo que botar pé ó chan nalgunhas curvas. ¡Imaxínate o esforzo que supón recuperar eses metros perdidos á velocidade que se vai aquí!.
Teño a sorte de ter moi cerca a todo o equipo sempre, que me axudan moito na colocación. Gustavo César Veloso está tremendamente forte, e me tapa todo o vento, e Gustavo Domínguez móvese moi ben dentro dos grupos grandes.
Para mañá espero un día moi complicado. Polo que me contan está prevista chuvia, e haberá que estar moi colocados. O terreo non é para nada como o de hoxe.
Non espero movementos entre os favoritos, a xente pensará que nos quedan dezaoito días por diante e gardarán forzas para máis adiante. Tal vez o caso de Samuel Sánchez, que se move moi ben neste terreo, poda intentar algo. Eu tentarei estar adiante todo o tempo para evitar calquer perda de tempo.
De todos modos, os máis perigosos neste terreo son os daquí. Refírome ó Quick Step, o Rabobank ou o Vacance Soleil, equipos que dominan á perfección este terreo de Clásicas e que saben que nós temos máis atrancos.
Entre os nosos, será un terreo bo para David García (el marinense, su compañero de habitación, es el mejor español en la general, décimo). Xa estivo cerca o outro día, e igual o volvemos a ver diante.
Físicamente atópome ben, as sensacións son boas. Vou forte no terreo llano, aínda que haberá que esperar a que saquemos o plato (hoy lo tendrán que hacer en Caubert y San Nicolás) para ver o estado real. Por fin escapamos da monotonía, cando queiramos cambiar de plato vaise atascar (bromea).