Polideportivo

O deporte galego festexa un ano histórico

Echávarri e Paz foron os triunfadores nos Premios Nacionais entregados onte

 
Carlos Pérez y Antón Paz, junto al resto de olímpicos galardonados ayer en Pontevedra.
Carlos Pérez y Antón Paz, junto al resto de olímpicos galardonados ayer en Pontevedra.  Gustavo Santos

REDACCIÓN / PONTEVEDRA Os campións olímpicos Antón Paz e Fernando Echavarri foron os grandes triunfadores da gala dos Premios Nacionais do Deporte Galego, que organiza a Consellaría de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte, e na que se premiou ás traxectorias máis destacadas nos diferentes ámbitos do noso deporte durante a tempada 2007-08.
Paz e Echavarri, que non puido asistir á gala ao atoparse disputando a Volta ao Mundo de Vela, recibiron o Premio Nacional do Deporte Galego, galardón que o ano pasado levarase o triatleta Javier Gómez Noya.
Ademais, os campión olímpicos na clase Tornado tamén foron recoñecidos, xunto ao palista cangués Carlos Pérez Rial, medalla de ouro en K-2 500 nos pasados Xogos Olímpicos de Beijing, co Premio ao Mellor Deportista.
A gala estivo presidida pola conselleira de Cultura e Deporte, Ánxela Bugallo, e a directora xeral para o Deporte, Marta Souto, quenes se congratularon, ante as máis de mil persoas que ateigaron o Pazo da Cultura de Pontevedra, dos "éxitos" do Deporte Galego.
Na categoría de mellor deportista con discapacidade o galardón foi para o nadador Sebastián "Chano" Rodríguez, que en Beijing sumou catro medallas máis ao seu brillante palmarés, mentres que María Bautista, de taekwondo, foi elexida como o/a mellor xuíz/a e Manuel Isorna, de piragüismo, como mellor adestrador/a.
Ilustres
Para outro dos ilustres do Deporte Galego, o padexeiro Alfredo Bea, tamén houbo recoñecemento, xa que o xurado concedeulle o premio á Mellor Traxectoria Deportiva.
A Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Santalla recibiu o Premio á Mellor Iniciativa en Deporte Tradicional, e a selección galega feminina de remo, vencedora da I Bandeira da Concha Feminina, levouse o premio á revelación na tempada 2007/08.
Entre os asistentes, se atopaban deportistas galegos de Alto Nivel (DGAN) como Sara Álvarez, Saleta Castro, Borja Golán, Tamara Echegoyen, Elías Domínguez, Óscar Pereiro ou Eva Castro, entre outros; representantes das Federacións Deportivas Galegas; representantes das Universidades Galegas; clubs de Pontevedra e do resto do país; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, a responsábel da área de dinamización sociocultural e de Deportes, María dos Anxos Riveiro, o tenente alcalde do concello de Vigo, Santiago Domínguez, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán.

  HEMEROTECA
El piloto moañés, que lidera el CEV en la categoría de Moto2, contestará tus preguntas el miércoles 25 desde las 11:00 horas.  Envía tu pregunta »

Buscador de deportes

El Equipo y toda la información de la plantilla del equipo. Opine y haga haga su once. FARO con el Celta.

Probamos el Hyundai i30 diesel de 110 CV

Hace cinco años, Hyundai demostró con el i30 que podía hacer un buen compacto... pero 'se olvidó' de dotarle de un diseño atr.....

NBA

Ranking de la liga

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

Coches

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puer

Bmw Z3 Roadster Rojo, año 1997, 145000 kms, 2 puertas, Gasolina, transmisiver más

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas,

Opel Astra Azul, año 2000, 139000 kms, 3 puertas, Gasolina, transmisión maver más

CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya