16 de mayo de 2018
16.05.2018

O Correlingua percorre Vigo

Máis de 2.000 alumnos reivindican hoxe o uso da lingua propia

16.05.2018 | 18:18

A edición 2018 do Correlingua, carreira pola lingua organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística coa colaboración dos diferentes concellos de Galicia, chega a Vigo. Dende as 11.00 está a percorrer a cidade con participación de 2.000 alumnos.

A marcha sae da Praza do Rei e remata no parque de Castrelos, onde haberá unha festa final. Nesta edición participarán estudantes de 22 centros de educación infantil, primaria e secundaria de Vigo, Mos, As Neves e Gondomar.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine