Afouteza é a palabra galega do 2017.Afouteza Así o decidiu a votación que cada ano convoca a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié a través do Portal das Palabras. O termo que uniu ao celtismo na Europa League, tamén foi quen de unir aos galegos que con amplia maioría votaron por esta verba: sumou 3.004 votos (48% do total) dos 6.228 que recibiron as oito palabras que participaban na gran final.

"A motivación dos e das seareiras pesou sen dúbida para que gañase a Palabra do Ano", explican os promotores da inicitiavia, "pero entre os miles de votos que recibiu, non poucos se deberon ao poder semántico e á forma suxestiva desta palabra, cun contido e unhas implicacións que van máis alá do futbolístico". O éxito de afouteza cociñouse ao longo de todo o ano, xa que durante varios meses liderou a listaxe de palabras máis buscadas no dicionario semana tras semana.

Palabra galega do ano: as oito finalistas

Sapoconcho, eucaliptización, independencia, teimudo, vaga de lumes, velutina e violencia de xénero eran os outro sete termos que optaban a Palabra do Ano, ó resultar finalistas na iniciativa que recibiu, entre o 4 e o 17 de decembro, un total de 6.700 achegas de usuarios que propuxeron preto de 900 palabras diferente.

A televisión, a publicidade ou a actualidade está detrás de que estas palabras figuren entre as mais votadas do ano que ademáis teñen, segundo a organización, valor puramente lingüístico. O termo sapoconcho saltou a actualidade fai unhas semanas gracias a un concursante galego de Operación Triunfo.

A publicidade tamén ten moito que ver na elección de teimudo, unha palabra que Gadisa resalta na súa última versión de Vivamos como galegos e que tamén figura entre os termos mais buscados do mes no diccionario online da Academia. O resto dos termos que optan a Palabra do Ano están relacionados coa actualidade. Os incendios que sufriu a comunidade a finais do mes de outubro e as súas posibles causas fixeron que eucaliptización e vaga de lumes estén entre as mais votadas.

A amplia presenza das vespas asiáticas eleva a velutina os termos finalistas, entre os que tamén se encontran independencia -termo moi utilizado este ano polo sucedido en Cataluña- e violencia de xénero.

  • Cal é a túa palabra galega do 2017?

Que significa Afouteza?

O diccionario da Real Academia Galega recolle dúas definicións da palabra Afouteza. AfoutezaBen pode referise á disposición de quen actúa sen temor antes as dificultades ou perigos ou ben pode falar da seguridade que demostra unha persona. Segundo informan os promotores da iniciativa do Portal das Palabras, o éxito desta palabra ao longo de todo o ano 2017 débese en grande medida pola campaña iniciada polo Celta de Vigo co gallo do partido de Europa League que desputou ante o Manchester de Mourinho na temporada pasada.

A orixe de afouteza atópase nun verbo latino, favere, que tiña por significado 'favorecer' ou 'protexer', e que os romanos usaban en principio no ámbito relixioso, para se referiren aos favores e á benevolencia dos deuses cos mortais. De favere e do seu supino fautum chegouse en romance a fouto e fouta, as formas primitivas do adxectivo. Logo na fala engadiuse unha vogal inicial de reforzo, e de aí afouto e afouta, é dicir, a persoa que "ten ou amosa afouteza". Completan a familia léxica o adverbio afoutamente e mais o verbo afoutar (que pode ser tamén pronominal, afoutarse), cando lle damos ánimos ou valor a alguén, para realizar algo ou encetar unha empresa.