A asociación CREA premia o proxecto "cinema e Muller" de Xisela Franco e Beli Martínez

A iniciativa foi impulsada dende a Deputación de Pontevedra no 2016

07.06.2017 | 02:31

A Asociación de Directores e Realizadores de Galicia (CREA) vén de dar a coñecer os nomes de tódolos premiados do seus galardóns deste ano. Entre eles, destaca o proxecto "Cinema e muller" da viguesa Xisela Franco que, con Beli Martínez, -e co impulso da Deputación de Pontevedra- sacaron adiante no 2016, unha iniciativa para dar a coñecer a unhas 70 mulleres cineastas e o seu traballo, seleccionando a dez para elaborar unha curta. Algúns destes traballos teñen colleitado premios coma foi o caso de Aava, de Andrea Zapata-Girau no Festival de Cans deste ano.

O premio conseguido por "Cinema e Muller" é a mención especial á promoción de igualdade de xénero. Outros premios foron o de mellor curtametraxe de ficción, para Olga Osorio por Einstein-Rosen; mellor curtametraxe documental para Giselle Llanio por Instantes dun retorno; mellor longametraxe ficción para Óliver Laxe por Mimosas; mellor longametraxe documental para Ángeles Huerta por Esquece Monelos; e mellor obra de animación para Alberto Vázquez por Decorado, entre outros. Pola súa parte, o pontevedrés Mario Iglesias conseguiu o galardón á mellor web serie con El origen del problema.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine