A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Federación de Librarías de Galicia dan a coñecer as obras finalistas da Gala do Libro Galego 2017, un galardón co que se pretende recoñecer a excelencia do traballo literario realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2016 en Galicia. As obras gañadoras, sen dotación económica, serán determinadas por un xurado externo e daranse a coñecer o vindeiro 20 de maio nunha gala que terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela.

As obras, iniciativas ou persoas que resultaron finalistas nas once categorías son as seguintes:

Ensaio

- "Os últimos carballos do Banquete de Conxo". De H. Alvarellos, X. Martínez, F. Singul, M. Souto. Alvarellos Editora - Consorcio de Santiago

- "A nosa Terra é Nosa!. A xeira das Irmandades da Fala". De Emilio Xosé Ínsua López. Baía Edicións

- "Lábrego con algo de poeta : biografía de Manuel María". De Mercedes Queixas. Editorial Galaxia

- "Oiko-nomía do xénero. Relato das clausuras". De Rebeca Baceiredo. Axóuxere Editora

- "O TTIP. Un cabalo de Troia contra a nosa soberanía". De VVAA. Edicións Laiovento

Narrativa

- "O espello do mundo". De Ramón Nicolás. Edicións Xerais de Galicia

- "Non é París". De María Canosa. Ediciones Bolanda

- "A ferida do vento". De Antón Riveiro Coello. Editorial Galaxia

- "Aqueles días en que eramos malas". De Inma López Silva. Editorial Galaxia

- "Non hai outro camiño". De Isaac Xubín. Edicións Xerais de Galicia

- "Todo canto fomos". De Xosé Monteagudo. Editorial Galaxia

- "O Alfaiate Portugués". De Francisco Javier Senín Fernández. Editorial Galaxia

Literatura Infantil e Xuvenil

- "A casa do medo". De Agustín Fernández Paz. Editorial Rodeira

- "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta". De Ledicia Costas. Edicións Xerais de Galicia

- "O soño do Merlo Branco". De Agustín Fernández Paz. Ilustracións de Lucía Rodríguez Cobo. Edicións Xerais de Galicia

- "Marta e a píntega". De Eli Ríos. Ilustracións: Patricia Román. Editorial Galaxia

- "A soidade das medusas". De: Iria Collazo López. Editorial Galaxia

Libro Ilustrado

- "Canta connosco". De Óscar Villán. Kalandraka Editora

- "Marcopola 4. Avoa Power". De Jacobo Fernández Serrano. Edicións Xerais de Galicia

- "Aire. María Fumaça". VVAA. Ilustracións de P. Pastor. Editorial Galaxia

- "Presas fáciles". De Miguelanxo Prado. El Patito Editorial

- "Os lapis primos". De José A. Ramírez Lozano, Natalie Pudalov. OQO Editora

Iniciativa bibliográfica

- "De catro a catro. Manuscrito inédito". De Manuel Antonio. Edición de Anxo Tarrío Varela. Alvarellos-Consorcio de Santiago

- "Bolxeviques 1917-2017". VV AA. Edicións Xerais de Galicia

- "Será correcto?". De Concha Blanco, María Canosa. Hércules de Ediciones

- "Aulas sen paredes". De Rosalía Fernández Rial. Edicións Positivas

- "Traxes na Galiza". De Paula Gómez del Valle. Cunca Editora

Tradución

- "A boca pobre". De Flann O'Brienn. Tradución: Isaac Xubín. Rinoceronte Editora

- "Historia do nobre Ponto, que foi rei de Galiza e de Bretaña". Anónimo. Tradución: Henrique Harguindey Banet. Rinoceronte Editora

- "Cando os nenos din basta!". De Francesco Tonucci. Tradución: Mónica Baleirón, Rut Vázquez. Kalandraka Editora

- "A contrafío". De Joris-Karl Huysmans. Tradución: Isabel Soto. Editorial Hugin e Munin

- "Laura das Neves e a sociedade literaria dos nove". De Pasi Ilmari Jääskeläinen. Tradución: Tuula Ahola e Tomás González Ahola. Urco Editora

- "O día da langosta". De Nathanael West. Irmás Cartoné

Poesía

- "Cinepoemas". De Claudio Rodríguez Fer. Ouvirmos

- "Rosa Tántrica". De Luz Pozo Garza. Alvarellos Editora

- "O cuarto das abellas". De Antía Otero. Edicións Xerais de Galicia

- "Suicidas". De Fran Cortegoso. Chan da Pólvora

- "A relixión do mar". De Xosé Iglesias. Instituto de Estudos Miñoráns

Teatro

- "A filla de Woody Allen. Pequenos actos pseudorrevolucionarios. O Furancho". De Santiago Cortegoso Calvar. Edicións Morgante

- "Nunca paraíso. Teatro breve 1973-2015". De Manuel Lourenzo. Edicións Xerais de Galicia

- "As terapias da doutora Ledicia". De Raquel Castro. Editorial Galaxia

- "Voaxa e Carmín". De Esther F. Carrodeguas. Difusora de Letras, Artes e Ideas

- "Moito Morro Corporation, Sociedade Ilimitada". De Carlos Labraña. Editorial Galaxia

Iniciativa cultural ou de fomento da lectura

- Salón do Cómic da Coruña

- Ciclo Vermú entre libros (Libraría Paz)

- Chan da Pólvora

- Espazo Lectura (Gondomar)

- Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra

- Festigal

Proxecto literario na rede

- Brabádegos. Portal de Literatura infantil e xuvenil, de Romina Bal

- Poética de Fran Alonso

- Os Bolechas

- A Sega. Plataforma de Crítica Literaria

- Biosbardia. O país dos libros en galego

- Caderno da crítica, de Ramón Nicolás

Xornalismo Cultural

- Susana Pedreira

- O programa "Zig-Zag"

- Ramón Rozas

- Ana Romaní

- Xiana Arias