21 de febrero de 2017
21.02.2017
Informe do Observatorio da Cultura Galega 

As mulleres reinan nas ensinanzas culturais

En Galicia existen 188 centros, medra o número de alumnos de Arte Dramática e o alumnado, sobre todo mulleres

21.02.2017 | 16:02
As mulleres reinan nas ensinanzas culturais

O Observatorio da Cultura Galega presenta hoxe un novo documento de traballo: "As ensinanzas do ámbito cultural en Galicia". No informe recóllese que en Galicia existen 188 centros que imparten ensinanzas artísticas, que medra o número de alumnos de Arte Dramática e Conservación e Restauración, así como na modalidade de Artes do Bacharelato, e que o alumnado está formado maioritariamente por Mulleres.

O novo informe do Observatorio da Cultura Galega, departamento do Consello da Cultura Galega adicado á investigación estatística ao redor da cultura, está elaborado a partir de diversas fontes do Estado, coma a Estadística de las Enseñanzas no Universitarias elaborada polo Ministerio de Educación así como explotacións específicas do propio Observatorio.

O informe sinala que en Galicia existen 188 centros de ensinanzas artísticas de música, danza, arte dramática, artes plásticas e deseño, dos cales un 65,1% son públicos e un 34,9% son privados. Os máis numerosos son as escolas municipais de música (72), que imparten ensinanza non regrada pero que son de titularidade pública. Pontevedra é a provincia con máis centros de ensino artístico dispón.

O informe sinala que as ensinanzas regradas teñen o maior número de docentes (un 66,5%), seguidas das Artes Plásticas e Deseño (16%). O número de profesores aumentou no ámbito das Artes Plásticas e Deseño así como na Música, mentres que nas escolas de Arte Dramática descendeu a cifra de profesores e nas ensinanzas regradas de Danza mantívose igual.

O alumnado de ensinanzas culturais mantense nas cifras dos últimos anos, sen a penas variacións. Os alumnos son, na maior parte dos casos, mulleres. A proporción é notoria no caso da danza, cun 90% das matriculadas mulleres. En Arte Dramática e nos estudos superiores de Conservación e Restauración, o alumnado aumentou de maneira importante, mentres que nas ensinanzas de danza ou no Grao Medio de Artes Plásticas e Deseño descenden de maneira visible. Non así na modalidade de Artes do Bacharelato, onde aumenta de maneira perceptible o número de alumnos.

A Universidade de Santiago de Compostela é a que entrega un maior número de títulos, con 372 expedidos o último ano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine