29 de noviembre de 2016

O equipo do 'ZigZag Diario' achégase á mostra 'Sorolla íntimo'

'A Revista' estará con Roberto Verino, que presenta a súa primeira liña de carriños para bebés

29.11.2016 | 02:07
Manuel Mosquera sinala un dos bocetos de "Sorolla íntimo". // V. Echave

O espazo cultural ZigZag Diario entrevistará hoxe na TVG 2 a Manuel Mosquera, do Museo de Belas Artes da Coruña, no que se exhibe Sorolla íntimo. A mostra recolle 32 bosquexos que Joaquín Sorolla creou para a exposición Visión de España, que realizou en Nova York en 1919. Ademais, o programa tamén lle dedicará unha reportaxe a Expansión ensaio sobre Berta Cáccamo. Esta mostra fai un percorrido pola súa obra pictórica e encóntrase no Centro Galego de Arte Contemporáneo de Compostela.

O ZigZag Diario tamén lle dedicará un pequeno espazo ao Outono Fotográfico, o festival de fotografía que se está a desenvolver en Ourense. Neste caso, coñecerá a obra de Tonho Ferreiro e Rubén Vilanova, A man verde, que está exposta no centro Marcos Valcárcel.

Por outra banda, A Revista estará en directo en Ourense co deseñador Roberto Verino, que acaba de crear a súa primeira liña de carros de bebé. O modisto dá os seus primeiros pasos no sector da puericultura, con dous coches da liña Shom by Roberto Verino, unha cadeira de paseo con capazo e outra de paseo ultra lixeira. A marca saca estes produtos en colaboración con Baby Essentials, un referente no eido. O espazo diario tamén irá a Vilagarcía de Arousa, onde a Fundación Amigos de Galicia, asociación que axuda ás persoas con limitacións económicas e sociais, envolverá uns 3.000 regalos de Nadal para nenos e nenas de familias con poucos recursos.

A presentadora Laura Peña entrevistará a Ignacio Villar, director do filme galego Sicixia, que se estreou a fin de semana pasada.

'Larpeiros'

O equipo do programa Larpeiros recibe esta semana unha moi agradable visita: a de Cíes, sobriña e afillada de Leni. E como na mesa hai unha nena, o tema de conversa centrarase arredor dos xogos. A Benigno falar de xogos espértalle a imaxinación e propón facer un xantar que os leve directos á infancia: guiso de xarrete con cervexa negra, un prato clásico e con personalidade, que tamén se pode facer con cervexa rubia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Premios cine

Goya 2016

Goya 2016

Sigue en directo la gala, disfruta con la alfombra roja y conoce a los ganadores en la categoría de mejor actor, actriz, director y película.

 
Premios Oscar

Oscars 2016

Sigue a los nominados al Oscar y todo lo que ocurra en la alfombra roja.

 
Enlaces recomendados: Premios Cine