O Centro Coroegráfico Galego representa este sábado, ás 20.30 horas, no Teatro García Barbón-AFundación de Vigo a súa nova produción, "As catro estacións", unha ollada coreográfica en clave contemporánea sobre a famosa obra de Antonio Vivaldi a partir das creacións de dous coreógrafos recoñecidos a nivel internacional, Iker Gómez e Kenneth Tindall.

A compañía pública chega a Vigo con este espectáculo tras a súa estrea na cidade da Coruña e dentro dunha xira que o levará tamén ata Rianxo, Vilagarcía, Ourense, O Barco, Pontevedra e Santiago de Compostela.

En "As catro estacións", primavera, verán outono e inverno, quedarán reflectidas sobre o escenario nas distintas variacións interpretadas por un elenco de oito bailaríns e bailarinas dirixidos por Mercedes Suárez.