"Fragments", o primeiro fashion film en realidade virtual do mundo, feito en Galicia, vén de ser seleccionado no showcase internacional Kaleidoscope como unha das vinte mellores obras inmersivas do ano. Esta peza de cine rodouse no verán de 2015 na Illa de San Simón, dentro do encontro Exploradores.15 organizado polo festival Sin Sal San Simón.