Dous mozos de Vigo e unha de Bueu tocarán coa Real Filharmonía de Galicia

Irene Parada, Jaime Estévez e Estefanía Cereijo actúan como solistas coa orquestra este venres no Audotiorio de Galicia en Santiago ás 20.30 horas

21.09.2016 | 02:01
A frautista viguesa Irene Parada. // Faro
A frautista viguesa Irene Parada. // Faro

O VI Festival Internacional Peregrinos Musicais, cuxa finalidade é apoiar a novos talentos galegos, clausúrase este venres cun concerto coa Real Filharmonía de Galicia (RFG). A orquestra, dirixida nesta ocasión polo seu director asociado, o mestre compostelán Maximino Zumalave, acompañará a músicos noveis de Galicia e tamén procedentes dos Países Baixos, Rusia e Estados Unidos. A cita terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio de Galicia.

Do total dos 17 mozos que foron seleccionados para participar nesta edición do festival, todos eles entre 12 e 21 anos de idade, escolléronse a 8 para intervir como solistas neste concerto coa RFG. Trátase dos galegos Irene Parada, frautista de Vigo de 19 anos; Jaime Estévez, saxofonista de Vigo que vive en Baiona, que aos seus 15 anos é o músico máis novo dos galegos seleccionados para este certame; e de Artur Carballo, clarinetista natural de Culleredo que actualmente reside en Ámsterdam, de 20 anos; xunto con Estefanía Cereijo, pianista de Bueu de 21 anos.

Ademais, procedentes de Rusia participarán o pianista Phillipp Rudenko e a violinista Polina Senatulova. Dos Países Baixos contarase con Ramon Van Engelenhoven ao piano e dos Estados Unidos con Carrie Chen tamén ao piano.

A viguesa Irene Parada será a encargada de abrir o concerto. Parada estuda no Conservatorio Superior de Música de Vigo a especialidade de frauta traveseira. Xa gañou algún certame de música, ten tocado con varias agrupacións mesmo como solista.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Premios cine

Goya 2016

Goya 2016

Sigue en directo la gala, disfruta con la alfombra roja y conoce a los ganadores en la categoría de mejor actor, actriz, director y película.

 
Premios Oscar

Oscars 2016

Sigue a los nominados al Oscar y todo lo que ocurra en la alfombra roja.

 
Enlaces recomendados: Premios Cine