O ciclo Danza 3 comeza este sábado en Mondoñedo para despois ir parando noutros concellos como Arteixo, A Baña, O Barco de Valdeorras, A Cañiza, Castrelo de Miño, Melide, Oza-Cesuras, Palas de Rei, Sarria, Valga e Vila de Cruces. A iniciativa, promovida pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) presenta tres agrupacións do folclore galego que coidan os elementos artísticos e posta en escena. Trátase das agrupacións integrantes do colectivo XOC -Xacarandaina, O Fiadeiro e Cantigas e Agarimos.

Na presentación, que tivo lugar esta mañá en Compsotela, nterviñeron no secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic); e o director de Xacarandaina, Quique Peón, ademais dun grupo de pandeireteiras e un dúo de gaitas da agrupación compostelá Cantigas e Agarimos, que interpretaron un par de pezas sobre o escenario do Salón Teatro. Asistiron tamén representantes desta última formación, así como de O Fiadeiro, esta última, de Vigo.

A carteleira de 2016 empeza este sábado 25, ás 20.30 horas, co espectáculo de Xacarandaina na praza dos Muíños de Arriba de Mondoñedo. coruñesa presentarase tamén en Oza-Cesuras (3 de xullo, na praza do Concello), Sarria (1 de outubro, na Casa da Cultura) e Arteixo (15 de outubro). O Fiadeiro, de Vigo, ten programadas outras catro representacións en Melide (30 de xullo, na praza do Convento), Castrelo de Miño (13 de agosto, na praza do Parque), A Cañiza (15 de agosto, na praza Maior) e no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras nunha data por confirmar. Por último, a agrupación compostelá Cantigas e Agarimos

actuará na Baña (30 de xullo), Vila de Cruces (7 de agosto), Palas de Rei (18 de setembro) e Valga (data por confirmar).