O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presentou hoxe, xunto á directora de Amtega, Mar Pereira, e o editor do dicionario "Ir Indo", Bieito Ledo o servizo Digalego.com, dicionario de galego online que conta con máis de 65.000 entradas.

Esta publicación, cuxas características detallou Bieito Ledo, engade ao seu alto número de entradas datos adicionais, como a etimoloxía dos termos, a traducción a sete idiomas destes, un glosario de sinónimos e antónimos e a conxugación de todos os verbos incluídos.

O actual Digalego.com xurdiu en 2003, como un derivado da Enciclopedia Galega Universal, e cuxa versión web foi recibindo progresivas melloras e achegas, tal e como explicou Ledo.