Feminicidio, xihadismo e refuxiado optan a palabra do ano 2015 en galego

Rechouchío, indignación e plebiscitario son as outras tres candidatas da iniciativa da RAG e a Fundación Barrié

17.12.2015 | 18:12

La política domina las palabras del año en gallego // FARO

Feminicidio, xihadismo, refuxiado indignación, rechouchío e plebiscitario son os termos finalistas de 2015 na iniciativa do Portal das Palabras, que impulsan a Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié para modernizar e popularizar o léxico galego. O Portal das Palabras abriu a votación para elixir entre este seis a Palabra do Ano 2015, tras finalizar a fase de suxestións na que se recolleron 174 termos distintos.

As votacións poderanse realizar ata o próximo día 28 no portal de Portal das Palabras. Os termos que chegaron ao portal facían referencia a temas de actualidade como os relacionados coa crise dos refuxiados (acollida, prexuízo, solidaridade), os vinculados coa situación social e política, e os sentimentos provocados na xente (desafuizamento, inestabilidade, marea, loita, indignación). Tamén chegaron palabras sobre a barbarie da violencia de xénero (muller, violencia) e do terrorismo (arreguizo, atentado), sobre os procesos soberanistas (independencia, plebiscitario) e sobre a tecnoloxía (rechounchío, selfie, chiar).

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Enlaces recomendados: Premios Cine