EN DIRECTO
La CE sospecha que el Gobierno de Rajoy infló el déficit de 2011
REDONDELA

Produccións audiovisuais galegas centran un ciclo en Redondela

 
<B>A concelleira Ángeles Babarro, co cartel do ciclo cinematográfico.  / </B><I><K>de arcos</K><br/>
A concelleira Ángeles Babarro, co cartel do ciclo cinematográfico. / de arcos
 

I.L.M. / REDONDELA Dar a coñecer a producción audiovisual galega máis recente é o obxectivo do ciclo "Real Galician Cinema", que por terceiro ano organizou o Concello de Redondela a través do departamento de Normalización Lingüística. A responsable desta área, a concelleira Ángeles Babarro, salientou onte na presentación da actividade que esta "supón unha aposta pola xente que pensa e traballa en galego" no campo audiovisual. O ciclo terá lugar no Multiusos do Paseo da Xunqueira en dúas xornadas, mañán e o vindeiro venres, en ámbolos dous casos a partir das 20.30 horas. A entrada é de balde. As proxeccións irán seguidas dunha charla-coloquio entre os asistentes e varios dos directores das obras que se presentan.
Programa
Durante a primeira xornada, mañá venres, proxectaránse as curtametraxes "Cousas de Kulechov" (2006), de Susana Rei; "Conversas con Deus" (2007), de Lara Bacelo; e "A flor máis grande do mundo" (2006), de Juan Pablo Etcheberry.
A curtametraxe de Susana Rei, "Cousas de Kulechov", ven de gañar o galardón á mellor curta galega no Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela.
Trátase dun falso documental que fai un percorrido pola paisaxe, costumes e actualidade galegas presentando un suposto conflito bélico onde un exército invasor ataca as costas galegas.
A curta de Lara Bacelo, "Conversas con Deus", recibiu o premio do público á mellor creación galego-portuguesa na Mostra Internacional de Videocreación do Condado. O seu traballo é unha aproximación fílmica a unha personaxe literaria real do Concello de Ponteareas.
O programa desta primeira xornada completarase coa proxección da curtametraxe de animación "A flor mais grande do mundo", baseada no único conto para nenos escrito por José Saramago.
O ciclo continuará o venres 30 de novembro coa proxección de "Bs. As." (2006), un filme no que o director, Alberte Pagán, conta a historia dos seus familiares na Arxentina.

  HEMEROTECA

LAS VIÑETAS DE FARO


Caja Negra        O Bichero         Floreano

SÍGUENOS EN...


CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Elecciones Generales 2011