O Concello de Nigrán aposta polo teatro na Semana das Letras. O grupo de mozos veciños do municipio Teatro do Ar ofrece hoxe ás 19.30 no auditorio a obra "Intres de Luz", en homenaxe a María Victoria Moreno. A compañía voltará ao mesmo escenario o sábado, día 19, coa peza "Naufraxio", ás 20.00.