Como cada Día das Letras desde hai 26 anos, a comarca miñorá celebra este xoves a Festa da Bicicleta, este ano organizada polo Concello de Baiona, que espera a participación dun milleiro de persoas maiores de 7 anos con bicicleta e casco. O percorrido arrancará ás 10.15 no parque da Palma en dirección ao Concello de Gondomar, onde se unirán os ciclistas dalí ás 11.00 para ir xuntos ata A Ramallosa e atoparse cos de Nigrán, que sairán tamén ás 11.00 do Pavillón de Panxón. Para participar no sorteo de tres bicicletas ao rematar a ruta, os asistentes deberán recoller os dorsais 40 minutos antes de saír.