O alumnado do IES A Sangriña axudará na traducción e deseño de carteis e outros elementos publicitarios e informativos, dentro da campaña "O galego, produto estrela", presentada polo equipo de Normalización Lingüística do IES A Sangriña.

Representantes das asociacións AGUDE, Mercado do Reló e Acigu acolleron de bo grado a iniciativa, na que tamén se propón a ampliación das cartas de presentación dos productos ofrecidos en cada comercio, facendo uso de varias linguas como o portugués, inglés e francés, amais de galego, a fin de facer accesible o comercio local a todo o turismo que visite A Guarda.

Todo isto, sen esquecer o obxectivo principal da campaña: acabar coa "discriminación do galego" na vila, cunha porcentaxe ínfima de establecementos que fan uso do idioma galego.