A asociación cultural e pedagóxica "Ponte nas Ondas", a maxistrada do Xulgado de Instrucción número 2 de Lugo, Sandra Piñeiro Vilas, e o neurofisiólogo, doutor en Bioloxía e profesor da Universidade da Coruña, Xurxo Mariño Alfonso, recibiron onte no castelo de Soutomaior os premios Lois Peña Novo pola súa aposta na defensa da lingua galega.

O xurado do certamen destacou o labor que desenvolve a asociación "Ponte nas Ondas" desde fai máis de vinte anos para poñer en valor o patrimonio inmaterial común entre Galicia e Portugal, "no que a lingua é o soporte da experiencia da asociación que realiza tanto no ámbito cultural como educativo e social ao través da radio escolar, internet e a dinamización da cultura popular".

Respecto á maxistrada Sandra Piñeiro resaltaron que desde o seu ingreso na carreira xudicial en 2005 o seu compromiso coa lingua levouna a desenvolver a súa actividade profesional en galego. "A súa constancia nese maxisterio galeguizador fai que moitos avogados, así como funcionarios e outros axentes xurídicos seguiran o seu exemplo, dándolle un prestixio ao noso idioma no ámbito xudicial".

Por último, do neurofisiólogo Xurxo Mariño resdaltóuse o seu labor como "difusor incansable da ciencia en galego, donde creóu espacios novedosos como os 'cafés-teatro' científicos, os 'discurshows ou os monólogos tratando cuestións científicas dun xeito pedagóxico e distendido".