Hai persoas que deixan pegada. Ás veces ocorren belas casualidades que marcan o camiño dun. Para nós, cruzarnos con Clara Torres foi unha delas. A nosa mestra, a nosa Profe Clara. A muller que nos ensinou a ler, a escribir, pero sobre todo a pensar. Con ela, aprendimos a desenvolver a imaxinación, a creatividade, a improvisación e tamén a ser mellores persoas.

Clara adicou toda a súa vida a educar con paixón, cariño, ledicia e responsabilidade. Cría no que facía. Foi unha muller valente, que se atreveu a romper moldes.

Clara tiña capacidade para ler nas miradas, sempre se interesou polos seus alumnos, a nivel individual e persoal, sen importar condición ou orixe. Era intelixente, xenerosa, atenta e sempre tiña un sorriso na cara.

Estamos orgullosos e fomos afortunados do moito que ela nos aprendeu. Somos máis libres grazas a ela. Ímola botar en falta. E máis nun mundo onde precisamos máis persoas así, máis mestras, máis profes Claras.

*Exalumna de Clara