Os escaparates do comercio de Redondela están cheos de libros en galego para conmemorar o Día das Letras Galegas. Grazas a participación das editoriais Galaxia, Xerais e ao importante arquivo do propio Concello foi posible levar a cabo esta iniciativa que brinda á lingua un espazo para facerse visible e recuperar o protagonismo nos mais diversos ámbitos da vida cotián.