A compañía Ubú Teatro representa hoxe no auditorio municipal de Nigrán unha adaptación da obra infantil "A galiña azul" de Carlos Casares ás 20.00 horas. O Concello organiza a actividade, destinada a nenos de 6 a 10 anos, que recibirán un exemplar do mesmo libro de relatos que o autor publicou en 1968, un dos primeiros editados en galego para o público miúdo. A sala acolle tamén ata fin de mes a exposición "Carlos Casares e a fotografía", que afonda na paixón do escritor por esta arte cunha selección de 30 imaxes elaboradas por el mesmo nas súas viaxes ou retratos doutros autores e coa súa colección de cámaras.