O Conservatorio de Gondomar ofrecerá hoxe ás 19.00 no auditorio Lois Tobío un concerto adicado a Carlos Casares. Mañá, Día das Letras, o Instituto de Estudos Miñoráns, homenaxeará ao escritor cun acto amenizado polo grupo musical 2naFronteira e dirixido pola poeta Marta Dacosta. Será tamén no auditorio ás 19.30 e incluirá unha lectura pública de textos do autor e unha proxección do vídeo "Do Vilariño ao Carlos Casares" elaborado polo colexio que leva o seu nome en Vilariño.