O ilustrador nigranés Iván R achegou onte as nocións básicas do humor gráfico ás aulas do instituto Val Miñor e do colexio de Panxón. Fíxoo da man do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Nigrán, que organizou os obradoiros co obxectivo de promover o uso do galego entre os mozos a petición dos propios profesores de ambos os dous centros educativos.