Coa morte de Emilio González Iglesias perdín a un gran amigo e unha gran persoa, que é o que máis me doe.

Emilio colaborou conmigo dende o ano 1979 nas primeiras eleccións democráticas. Eu era alcalde do Concello de Redondela por Unidade Galega e el concelleiro polo PSOE, unha vez desaparecida Unidade Galega, el me convenceu para que militara no Partido Socialista e así foi.

Emilio era un home moi intelixente, tiña unha memoria extraordinaria e moi bo dialecticamente, tiña o concello na cabeza. Era dunha lealdade insobornable conmigo e gran parte da xestión municipal dos meus 30 anos de mandato se lle debe a el.

Non podemos esquecer a súa xestión de portavoz do PSOE en Redondela, así como na Deputación de Pontevedra, sendo uns dos deputados máis brillantes nos debates, pero cunha gran nobreza, defendendo as súas posturas con vehemencia.

O socialis- mo da provincia de Pontevedra e en particular, o de Redondela, perde un gran militante e un extraordinario político.

*Alcalde de Redondela de 1979 ao 2011