22 de febrero de 2017
22.02.2017
VAL MIÑOR

Vilariño, capital literaria do mundo

A Real Academia Galega inaugura o Ano Casares no colexio nigranés

22.02.2017 | 09:57
Alumnos, mestres, autoridades da RAG e Hakan Casares, onte tras o acto no colexio de Vilariño.

A vinculación do colexio Carlos Casares de Vilariño co escritor que lle dá nome e a aposta dos seus mestres por divulgar a súa figura foi o motivo polo que a Academia escolleu o centro para abrir o programa oficial na súa honra cando faltan tres meses para o Día das Letras que protagoniza. Emotivos discursos académicos e familiares, lecturas e interpretacións de textos do autor por parte dos alumnos e a presentación de material didáctico para difundir a súa vida e obra entre os máis cativos centraron o acto.

"Hoxe a capital literaria do mundo é Vilariño. Isto gustaríalle a Carlos Casares. Diría: que disparate! E como lle gustaban os disparates!". Son as emotivas palabras coas o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, pechou onte o discurso inaugural do Ano Casares no colexio nigranés que leva o nome do autor ao que este ano se lle adica o Día das Letras. O centro educativo da parroquia nigranesa de San Pedro foi o espazo elexido pola institución para botar a andar a programación oficial que lle renderá homenaxe nos vindeiros meses polo seu simbolismo. Atópase a uns poucos metros do que foi fogar da familia Casares e foi alí onde os estudaron os seus fillos.

Unha escola que sempre mantivo viva a súa vinculación co escritor. Leva o seu nome desde 2002, ano no que morreu. Un xesto da xunta directiva que supuxo a súa primeira homenaxe póstuma. A biblioteca escolar lembra tamén desde entón a súa obra e presenta nun lugar destacado unha galiña azul evocadora da súa primeira obra de literatura infantil. A sala expón tamén nestes días a colección de máis dun cento de edicións do libro "O Principiño" de Saint-Exupéry traducido a máis de 60 linguas que Casares recompilou ao longo da súa vida. A carón das vitrinas que amosan os exemplares, Alonso Montero salientou o autor como "un home bondadoso, ameno, engaiolante, un conversador, a mellor oralidade do século XX en Galicia". Explicou tamén o motivo polo que a RAG escolleu o colexio de Vilariño para por en marcha o Ano Casares, que incluirá simposios en Ourense e na Coruña e terá o seu día grande o 17 de maio en Xinzo, vila natal do autor. "Ningún centro coma este homenaxea a persoa que lle da nome. Motiva aos alumnos para que se acheguen á literatura pola vía Carlos Casares, que é a maneira de que queden para sempre comprometidos coa lectura", resaltou.

O labor do seu profesorado na divulgación da figura dun dos máximos expoñentes da literatura galega universal foi clave tamén á hora de seleccionar esta escola para estrear o programa de actos oficiais coa presentación da unidade didáctica online "Primavera das letras", que despois de arrancar o ano pasado arredor de Manuel María, ofrece un amplo abano de actividades interactivas para traballar tanto nas aulas coma na casa en torno a Casares. "Son materiais adaptados a distintas idades de ensino infantil e primario, con fichas para colorear, preguntas e respostas...", indicou o secretario da Academia, Henrique Monteagudo. As tarefas pódense descargar desde a web da institución e conteñen un apartado centrado no Val Miñor, que convida os nenos a coñecer o entorno no que Casares pasou os seus derradeiros vinte anos de xeito lúdico.

Unha lectura de textos de "O Principiño" en francés e en galego e a representación de pasaxes de obras de Casares por parte de alumnos completaron o acto, ao que acudiron o alcalde de Nigrán, Juan González, e o director do Instituto de Estudos Miñoráns, Xulián Maure.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 


Deportes


Lionel Messi.
Barcelona-Olympiacos, en directo

Barcelona-Olympiacos, en directo

Los de Valverde quieren reforzar su liderato del grupo ante un rival que todavía no ha puntuado

El Atlético tropieza en Bakú y se complica la Champions

El Atlético tropieza en Bakú y se complica la Champions

El equipo de Simeone fue incapaz de superar la defensa del conjunto azerí, que acabó con diez

Escalofriante lesión de Gordon Hayward

Escalofriante lesión de Gordon Hayward

El alero de los Celtics sufrió una fractura en el tobillo izquierdo en el partido inaugural de la...

Mirotic, hospitalizado tras recibir un puñetazo de un compañero en los Bulls

Mirotic, hospitalizado tras recibir un puñetazo de un compañero en los Bulls

El jugador español de origen montenegrino sufre una fractura de mandíbula tras pelearse con Portis


Lección de orgullo del Lume Corbatas

Lección de orgullo del Lume Corbatas

El modesto equipo de Coia cae eliminado ante el Santiago Futsal, de División de Honor, tras...

El Tour explora nuevos puertos

El Tour explora nuevos puertos

La edición de 2018 de la ronda gala presenta el mayor kilometraje en adoquines desde 1980 - Le...

 
Lo último Lo más leído
Enlaces recomendados: Premios Cine