11 de diciembre de 2016
11.12.2016
VAL MIÑOR

Gondomar pecha o seu "Ano Victoriano Taibo" á espera dun Día das Letras para o autor

Alonso Montero cualifica de "libro insólito no panorama da poesía galega" o gañador do premio

11.12.2016 | 03:21
Esmerode entrégalle o galardón a Iglesias Lamela diante de Lameiro e Ferreira. // Jose Lores

Non tén nin un metro de costa pero Gondomar cheirou onte a salitre. O mariñeiro poeta Xosé Iglesias Lamela fixo do auditorio Lois Tobío un auténtico porto pesqueiro ao recoller o noveno premio Victoriano Taibo polo seu poemario "A relixión do mar", un "libro insólito no panorama da poesía galega", segundo o cualificou o presidente da Real Academia Galega da Lingua, Xesús Alonso Montero, ao clausurar a gala de entrega. Un emotivo acto que serviu de peche para un ano que o Concello e o Instituto de Estudos Miñoráns lle adicaron ao literato fundador das Irmandades da Fala ao publicar os seus inéditos "Contos pequenos" e declaralo fillo adoptivo do municipio co propósito de acadar un Día das Letras na súa honra.

"A relixión do mar" é un " berro profundo dos mariñeiros que ollamos como nos están a roubar o mar", reivindicou Xosé Iglesias ao describir o traballo que o fixo merecedor do recoñecemento do xurado entre os corenta que se presentaron este ano ao certame. Despois de introducir ao público no seu universo mariño cun toque de buguina, o autor foi quen de engaiolar aos presentes amosándolles o seu xeito "de trasladar o día a día da vida mariñeira a través da literatura" coa lectura dalgúns dos seus poemas adicados ás redeiras, á arte do xeito ou mesmo ao parte meteorolóxico da BBC que se escoita no Gran Sol.

A súa capacidade de mudar en arte calquera detalle a bordo convírteno "en parte do universo literario ao redor do mar", recalcou o director do departamento de arqueoloxía do IEM, Xosé Lois Vilar, quen o comparou mesmo co poeta Manuel Antonio. Nesa mesma liña, Alonso Montero salientou o traballo de Iglesias como marcador "dun antes e dun despois na poesía".

Tras recoñecer tamén o talento de Iglesias, o alcalde, Francisco Ferreira, reiterou o seu desexo de que Taibo teña "o seu 17 de maio" despois de terse transformado "nun baluarte municipal como fillo adoptivo e nun referente literario para todo o país". Fíxoo antes de entregarlle a Iglesias a figura de Fino Lorenzo que simboliza o premio -dotado con 3.000 euros e coa publicación da obra- na compaña da concelleira de Cultura, Nuria Lameiro, e de Urbano Esmerode, o expresidente da Entidade Local Menor de Morgadáns que impulsou a convocatoria do certame literario adicado a Taibo pola súa vinculación á parroquia, na que foi mestre de 1930 a 1950.

A banda de gaitas Balcón do Miñor de Morgadáns amenizou a cita, na que alumnos do colexio Neira Vilas de Peitieiros representaron senllas adaptacións teatrais de dous relatos dos "Contos Pequenos" de Taibo.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Lo último Lo más leído

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine