O auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle hoxe a gala de entrega do IX Premio de Poesía Victoriano Taibo, organizado polo Concello de Gondomar e polo IEM, ás 19.30. Xosé Iglesias Lamela, autor da obra gañadora, "A relixión do mar", recollerá o galardón nun acto conducido por Marta Dacosta, no que actuará a banda de gaitas Balcón do Miñor de Morgadáns e intervirán alumnos do colexio Neira Vilas de Peitieiros. O presidente da Real Academia Galega da Lingua, Xesús Alonso Montero, clausurará o acto.