-O polígono da Pasaxe é un dos seus grandes retos.

-Podo dicir que son un dos pais do plan sectorial porque en 2008, na miña etapa como alcalde, dimos os primeiros pasos para chegar á súa aprobación: o consenso das partes. Agora chegou a hora da verdade. Xa non valen as promesas nin as fotos. Agora toca arremangarse e traballar a fondo. O presidente da Xunta debe cumprir a promesa feita na campaña electoral diante dos empresarios do polígono e poñer enriba da mesa os 5 millóns de euros comprometidos. Pero o certo é que nos orzamentos da Xunta para 2017 non hai nin un euro reservado para desenvolver o proxecto.

-Cal é o seu papel neste asunto?

-Eu farei todo o que estea na miña man para que saia adiante.

-Pero non asistiu a ningunha reunión cos empresarios.

-Non fun convidado. Se isto o deciden levar o calcalde e os empresarios directamente, están no seu dereito. Eu non me vou opoñer. Estamos nunha fase moi delicada na que hai que falar de diñeiro e hai que ter moita capacidade de xestión e de negociación. O único que lles pido é consenso. De nada serven os personalismos e as fotos, iso sería condenalo ao fracaso.