"Estou moi emocionada. Isto faime recordar cousas moi duras para min", manifestaba onte Julia Barbosa, filla de Manuel Barbosa Durán, tras destapar co alcalde a placa na que aparece o nome do seu pai. "Eu só tiña 5 anos cando o mataron pero lembro perfectamente aos gardas que me daban caramelos para que lles dixese onde estaba", dicía.

Ao seu carón, Pilar González Viéitez, nora de "Rei Chiquito", aseguraba que non descansará ata que "os restos destes homes sexan atopados". "O meu home morreu cunha pena moi grande porque non se encontrasen". "Agora por fin teñen a homenaxe que merecían, pero todos quixeramos enterralos dignamente", reclamaba.

O neto de Manuel Aballe, Javier, tamén acudiu á cita coa memoria do seu avó. "Todo esto significó mucho dolor para mi padre. Mi abuela se lo llevó a Buenos Aires a él y a su hermano poco después del fusilamiento y solo regresó en dos ocasiones. Nunca quiso volver", lembraba.