VAL MIÑOR

Iria Misa: "A desaparición de Águeda hai dez anos impactoume moito e foi o xerme da novela"

A autora presenta hoxe ás 20.00 na Capitanía a súa primeira obra editada, "Xa non estou aquí"

14.10.2016 | 11:12
A escritora Iria Misa, coa súa primeira novela publicada, "Xa non estou aquí", onte en Baiona. // José Lores

Tras outorgarlle este verán o premio de literatura xuvenil Jules Verne 2016 pola novela "Xa non estou aquí", Edicións Xerais volve recoñecer o traballo da súa autora, Iria Misa, e escolle a súa localidade, Baiona, para presentar o libro. A escritora dará a coñecer a súa obra ao mundo hoxe ás 20.00 horas na Casa Museo da Navegación. Estará acompañada polo director do selo editorial, Manuel Bragado, e por unha figura xa consagrada no panorama literario galego, Ledicia Costas.

-Que nos pode contar de "Xa non estou aquí"?

-É a historia da misteriosa desaparición dunha rapaza.

-Baseada en feitos reais?

-Non exactamente. Hai dez anos, aquí en Baiona desapareceu unha rapaza...

-Está inspirada no asasinato de Águeda González Portela?

-Non, non. Esta non é a historia de Águeda. Quero que iso quede moi claro, por respecto a ela e á súa familia. Pero si é certo que aqueles feitos foron o xerme desta historia. Aquel caso impactoume moito por proximidade e por empatía. E foi daquela cando xurdiu esta novela. Eu non a coñecía de nada, pero era unha rapaza máis ou menos da miña idade. Escribín isto, en certo modo, como unha homenaxe. As dúas estabamos nun momento da vida, con vintepoucos anos, nos que tomas decisións e vas encamiñando o teu futuro... Pensar que, nuns segundos, alguén poda acabar con todas esas ilusións, foi realmente angurioso para min.

-Precisamente agora, dez anos despois daquela inquedanza que a marcou, a publicación da súa novela coincide con outra desaparición que conmociona a vila, a de Iván Durán.

-Ás veces a realidade supera a ficción. Sempre me desacougaron as desaparicións. De pequena, aínda mo lembra miña nai, o programa de televisión de Paco Lobatón creábame verdadeiras teimas.

- "Xa non estou aquí" aborda tamén o sentimento de pertenza a un grupo.

-Si. Todos queremos pertencer a un grupo a certa idade. Queremos ter visibilidade, estar. A protagonista, Ánxela, repite primeiro de Bacharelato e sinte esa necesidade.

-Tén algo de autobiofráfico?

-Non. Eu era unha rapaza moi común no instituto [risas]. Só trata de achegarse ao que poden pensar moitos adolescentes. Un mundo co que estou en contacto porque son profesora de Secundaria.

-Cando comezou a escribir e por que?

-Cando acabei Filoloxía Inglesa hai dez anos, comecei a sentir o impulso de escribir. Empecei a ir a cursos de escritura creativa e a presentarme a concursos.

-Que significou para vostede o premio Jules Verne de Xerais?

-Moita alegría polo recoñecemento no primeiro momento, pero tamén unha sensación de pánico. Sinto que estiven nunha fase de adestramento ata agora e gustaríame que este fose o comezo dun camiño.

-Que proxectos tén?

-Gustaríame explorar a literatura infantil. Hoxe é moi difícil captar a atención dos nenos. Sería interesante que en Galicia se desenvolvese unha literatura capaz de facelo, que fixeramos algo para que os nenos quixesen ler en galego, como conseguiu Ledicia Costas con "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

FARO IMPULSA

El evento se celebrará el próximo 14 de diciembre y contará con ponencias de mujeres líderes en el entorno digital y tecnológico.
¡Inscríbete!


 

Enlaces recomendados: Premios Cine