O compositor e investigador do folclore galego Pablo Díaz ofrecerá hoxe ás 18.00 horas un concerto de dinamizacion lingüística en galego dirixido a nenos de 0 a 5 anos no auditorio municipal V Centenario de Baiona. O artista presentará o seu disco "Xente miuda, moita fartura", que recolle temas lúdicos sobre rutinas diarias para os pequenos, acompañado de Carmen Rey, vocalista e pianista, e Tito Calviño, guitarrista.