BAIXO MIÑO

Marga do Val, elexida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo

A directiva traballa na confirmación da propiedade dos terreos onde está o Monumento, agardando que sexa comunal

05.12.2015 | 02:29
Marga do Val (d.), durante unha intervención nun acto. // J.V.

A profesora, dramaturga e escritora Marga do Val foi elexida directora do Instituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo, un cargo do que tomará posesión no vindeiro mes de xaneiro de 2016.

Un dos obxectivos que marca a directiva é coñecer a propiedade dos terreos nos que está ubicado o monumento ós Mártires, en Sobredo (Guillarei), que se espera sexa comunal. Como explica Marga do Val, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro comprometeuse a trasladar esta información en canto teña no seu poder a certificación do Rexisto da Propiedade. O Instituto tamén aspira a arranxar este recinto que acolle a escolares e público nesta altura do ano, para conmemorar o aniversario daqueles feitos acontecidos no ano 1922. A idea inicial é reducir a altura do terreo, a fin de que se sitúe máis perto da explanada onde queda o público. Ademáis se colocaría un muro de contención. Hay un estudo inicial redactado pola paisaxista María Mariño.

O Monumento ós Mártires lembra os sucesos acontecidos no 28 de novembro do ano 1922, cando ían a embargar a un veciño de Sobredo por non pagar o foro e se concentraron unhas dúas mil persoas que se opuxeron. A represión da forza pública, a tiros, para disolver a manifestación, deixou feridas a varias personas e tres quedaron mortas no lugar: Cándida Rodríguez González, de Pazos de Reis, que estaba encinta; Joaquín Estévez Besada, de Soutelo; e Venancio González Romero, de Budiño.

Divulgación

A divulgación dos feitos históricos, a todos os niveis, é o fin principal que mantén o Instituto, actualmente dirixido por José Paramos. Un paso principal será o establecemento de relacións coas asociacións de Memoria Histórica de Galicia. É primordial na folla de ruta do Instituto seguir profundizando e fomentando a súa investigación, seguindo co achegamento da historia á comunidade escolar.

Outros cargos do Instituto son Raúl Lago Carvalho (tesoureiro); e Xosé Manuel Suárez (secretario). Hai catro vogalías e consello fiscal con Xosé Antón Bastos, Francisco Xabier Martínez e José Paramos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine