-Hai poucos días se informaba de 11 ordes de alonxamento ¿as vítimas teñen axuda do Concello?

-Os casos de violencia machista teñen un protocolo e son varias as administracións e entidades que participan, dende a Guardia Civil, até psicólogos ou casas de acollida. Dende os servizos sociais do concello facemos derivación e acompañamento desas mulleres, especialmente se hai menores. Desgraciadamente os recursos que se adican á muller teñen mermado considerablemente cos gobernos populares na Xunta de Galicia e no Estado. De feito, Tomiño foi beneficiario de varios programas Clara de apoio á muller. No bipartito puxérase a disposición dos concellos equipos de psicólogos e de apoio á muller. Todo eso rematou porque o Partido Popular non o ten entre as súas prioridades. O desgraciado repunte das vítimas de violencia machista dan fe das consecuencias dos "recortes".