A Paradanta

Memorias da aldea

A Casa-Museo de Leonides de A Graña amosa a vida cotía da Galicia labrega

23.05.2013 | 17:29
A lareira. A casa mostra como era a vida cotiá da Galicia campesiña. / T.G.
A lareira. A casa mostra como era a vida cotiá da Galicia campesiña. / T.G.

É Covelo concello que se alza en altas cotas da montaña pontevedresa, con lugares de gran beleza enmarcados pola paisaxe de lenda da Serra do Suído. Ademais de fauna e flora,estes cumios albergan construcións centenarias como os chozos e aldeas detidas no tempo, como A Graña, que conserva unha das edificacións máis antigas da bisbarra: a Casa-Museo Leonides, un espazo que pretende reflectir como vivían os habitantes da Graña, aos que se lles atribúe unha orixe xudeo-conversa. O impulsor do proxecto, Maximino Fernández Sendín, presidente do Centro de Estudios da Paradanta e o Condado, abriu, para quen queira coñecela, unha antiga casa familiar que mostra no seu interior como era a vida cotiá da Galicia campesiña a través de útiles domésticos e agrarios. No exterior conta coa eira onde se mallaba o centeo, así como dous hórreos totalmente de pedra, incluída a cuberta.

A Casa-Museo Leonides, que toma o nome dunha das súas últimas moradoras, avoa de Fernández Sendín, tería no seu estado primixenio o teito de colmo, ao igual que as pallozas tradicionais. A súa orixe remóntase -calcula o propietario- "uns cinco séculos atrás" e é a única da súa tipoloxía que se conserva na integridade nesta parroquia covelense. "Porque a casa está no barrio de Munxidoiro, topónimo que probablemente veña de munxir o gando. Quizais a construción e os seus terreos estremeiros fosen unha granxa do convento de Melón ao cal pertencían estas terras", explica Fernández Sendín. Responde á tipoloxía de casa terrea cunha porta principal e pequenos ventanucos. O interior está formado por un espazo único no que se encontra a lareira e o forno, arredor dos cales se despregan os elementos da vida cotiá: a gramalleira da que pendura o pote, escanos, mesas ou alzadeiras. A estanza que ocupa na súa maior parte a planta baixa loce aínda o chan empedrado e vigas de madeira nun teito que apenas chega aos dous metros. Á parte dedicada a corte accédese dende unha porta común da vivenda; isto é, a entrada ás cortes faise dende a cociña, que conserva na parede unha pía de pedra na que se botaba a comida aos animais.

A proximidade do gando e mais o lume sempre aceso permitían manter unha temperatura media de 18 graos, mesmo durante os invernos máis duros. Por unhas escaleiras de pedra ascéndese ao único cuarto da casa, onde durmían ás veces ata doce membros do núcleo familiar. O exterior ábrese a dúas eiras empedradas con dous hórreos tamén de pedra. "É curioso que os hórreos da Graña non teñen cruces -di Maximino Fernández, etnógrafo oriúndo da aldea e autor do libro A Graña y los grañudos-, só hai dous con este elemento e deberon de ser colocadas posteriormente. Probablemente debido á orixe xudeo-conversa dos habitantes, descendentes dos xudeus expulsados polos Reis Católicos que se refuxiaron nestas terras de montaña, nas que existen camiños de arrieiros que comunican con outros puntos de España e Portugal". Buscando información para o seu estudo,o autor deu cun documento fundamental de 1752 localizado no Arquivo Diocesano de Tui que di "é tradición que os habitantes da Graña proceden dos xudeus expulsados por dona Isabel e por don Fernando".

Os enseres son os de antano, as pezas do día a día da avoa Leonides. Pote, cafeteira, cuncas, bancos, escano, maseira, cama, berce, todo parado no tempo. A corte do gando segue igual. A casa-museo, que mostra como era a vida nesta aldea, pode visitarse pedindo a chave no bar da vila porque este é un museo para ser coñecido sen horario nin días establecidos. Hai un libro de visitas no que o público pode asinar e deixar o seu comentario sobre esta casa de séculos. O proxecto leva nove anos aberto ao público con este sistema. Sendín fixo realidade o vello aserto de "cultura para todos".

Sitio distinto

A Casa Museo Leonides é un conxunto etnográfico único, dos que xa quedan poucos. Está situada nun lugar senlleiro como é A Graña: localización agreste, illada e enigmática, nunha das abas da impoñente Serra do Suído, que debeu conferir aos seus habitantes unha identidade propia dentro da mesma bisbarra do Condado-Paradanta, o mesmo que pasou cos vaqueiros de Asturias ou os pasiegos en Santander. No libro A Graña y los grañudos. Estudio histórico-antropológico, Maximino Fernández Sendín apunta a posible ascendencia xudeo-conversa desta parroquia singular cuxa comunidade se constituíu como un gremio de comerciantes cun dialecto propio -o barallete- semellante ao doutros grupos gremiais de Ourense, como os afiadores ou paragueiros.

Dende tempo inmemorial dedicáronse ao comercio, vendendo panos ou sal e percorrendo toda a xeografía, ademais de recalar en Brasil ou Venezuela. Pénsase que na aldea se instalaron moitos sefarditas de Ribadavia fuxindo da persecución dos Reis Católicos. "Os grañudos -explica Fernández Sendín- representan un dos grupos diferenciados máis importantes da península que conservaron moitos dos seus costumes ata os nosos días. O seu espírito mercantil diferénciaos do resto dos pobos que os rodean, así como a súa idea de grupo e valores como o da familia".

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 


Deportes


El Descenso del Miño bate su récord

El Descenso del Miño bate su récord

La prueba, organizada por el Kayak Tudense, contará este año con 404 embarcaciones y más de 500...

El Real Madrid prosigue su senda triunfal

El Real Madrid prosigue su senda triunfal

Los blancos, muy superiores en la primera mitad al Barça, conquistan su segundo título de la...

Echávarri y Pacheco recibirán en Baiona el Premio Nacional de Vela

Echávarri y Pacheco recibirán en Baiona el Premio Nacional de Vela

El pontevedrés y la canaria, elegidos como el mejor equipo olímpico de la temporada


El ´Mapfre´ se anota el primer asalto

El ´Mapfre´ se anota el primer asalto

El barco español impone en la Etapa 0 tras llegar en tercer lugar a Finisterre

Los mundialistas de Vaurien y 420, homenajeados en el Náutico

Los mundialistas de Vaurien y 420, homenajeados en el Náutico

La cena de entrega de premios de la última edición de la Regata Rías Baixas...

 
Enlaces recomendados: Premios Cine