farodevigo.es » Comarcas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Baixo Miño

Tui mostra a historia dos curros

A inauguración foi o primeiro acto de Méndez Ferrín como presidente da Real Academia da Lingua, e exerceu como defensor da Terra de Turonia

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Méndez Ferrín, Moisés Rodríguez, concelleiros  e público, nunha das salas da mostra  que inclue información interactiva por ordenador.
Méndez Ferrín, Moisés Rodríguez, concelleiros e público, nunha das salas da mostra que inclue información interactiva por ordenador.  E.G.

E.G. - TUI Unha completa e didáctica información e exposición sobre os cabalos que viven nos montes do territorio definido por moitos como terra de Turonia, pódese ollar hasta o día 26 de febreiro no edificio da Área Panorámica de Tui. É unha iniciativa organizada polo IES Terra de Turonio de Gondomar, baixo a dirección de Santiago Veloso.
No acto inaugural foi o primeiro acto no que asistiu Xosé Luís Méndez Ferrín como presidente da Real Academia da Lingua Galega, cunha intervención na que defendeu a divulgación do descoñecido mundo dos curros, cando "forman parte dunha realidade cultural de presencia de cabalos e outros animais nos montes". Destacou o único libro editado sobre esa temática, e tamén a divulgación feita por Benedicto Conde "Bene", que foi xornalista de FARO DE VIGO e o primeiro en dar a coñecer esta antiga tradición que Ferrín vinculou ó condado de Turonia, que "sería bo relanzar", dixo.. O concelleiro de Cultura e primeiro alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, precisou que "Tui está orgulloso do seu pasado, presente e futuro cultural." Lembrou o papel director de Méndez Ferrín nas xornadas sobre a figura de Álvarez Blázquez e non esqueceu citar unha agarimosa lembranza a Juan Oliveira, o escultor dos cabalos, xa falecido, "que levou o nome de Tui polo mundo", e parte de cuxa vida e obra se expón nesta mostra.
Santiago Veloso se referiu á exposición como foito do traballo do IES, que se presentou ó certame da Fundación Antón Fraguas do Museo Pobo Galego. "Foi un traballo transversal, coa colaboración de pais que teñen as burras no monte", comentou sobre este patrimonio compartido. O secretario da Fundación Antón Fraguas convidou á comunidade escolar de Tui a que de a coñecer o patrimonio que ten. Entre os convidados asistiron o presidente da Asociación de Burros Fariñeiros, Xaquín González Troncoso e o presidente da Sociedade Hípica de Tui, concelleiros e público.

COMPARTIR
 
galería: los mejor y peor vestidos

TAL DÍA COMO HOY SE PUBLICABA EN FARO...
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009