farodevigo.es » Comarcas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Val Miñor

O amor polos libros comeza no propio fogar

Espazo Lectura organiza en Gondomar as xornadas "Lendo en familia", o 16 e 17 de outubro

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Yolanda Castaño, o pasado luns na sesión de Contomar
Yolanda Castaño, o pasado luns na sesión de Contomar  J.Lores

REDACCIÓN - BAIONA Sabedores de que a familia é o primeiro espazo onde os cativos poden entrar en contacto cos libros, os membros do colectivo Espazo Lectura de Gondomar veñen de presentar as xornadas "Lendo en familia", cuxo obxectivo é que os pais tomen conciencia como mediadores entre seus fillos e a lectura.
O encontro terá lugar o 16 e 17 de outubro no Centro Neural de Gondomar. A inscrición, gratuíta, pode facerse a través do enderezo electrónico espazolectura@gmail.com, ou chamando ao 619 292 991, antes do 14 de outubro.
As xornadas comezan o venres 16 ás 17.00 horas, coa conferencia inaugural "Ler en familia: unha responsabilidade e un pracer", a cargo de Concha Costas, presidenta de Espazo Lectura.
Ás 18.30 horas, Cristina Novoa, asesora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, ofrecerá a charla "Familias lectoras e bibliotecas: aquí facemos falta todos!". Xa ás 19.30 horas, os participantes trasladaranse en autobús ata a Casa da Lectura, en Donas, para gozar coa sesión de contacontos de Rosana Estévez, vicepresidenta de Espazo Lectura e coordinadora da área de dinamización do colectivo.
O sábado 17, ás 10.30 horas, a escritora, contadora e actriz Paula Carballeira falará das "Mañas para contar un conto", e ás 12.00 horas ofrecerá un contacontos. Ás 13.00 horas, os asistentes poderán visitar a Exposición de Materiais, e presentarase ademais a Guía das Xornadas.
Tras o xantar, desenvolverase unha mesa redonda, a partir das 17.00 horas, baixo o título "A experiencia de medrar nunha casa na que se le". Nela participarán Dolores Vilavedra, profesora da Universidade de Santiago, e nai nunha casa na que se le; e María do Cebreiro, escritora e filla nunha casa na que se le.
O encontro clausurarase ás 19.00 horas, coa conferencia "A descuberta do mundo", a cargo do escritor Agustín Fernández Paz.
As xornadas están dirixidas aos adultos. Haberá un servizo de ludoteca durante as diferentes sesións para atender os nenos, que, porén, están convidados a participar nos dous contacontos das xornadas.
Por outra banda, o colectivo gondomareño reanudou as súas actividades tras o parón do verán. O pasado 5 de outubro tivo lugar a primeira sesión de Contomar do curso, que correu a cargo de Yolanda Castaño. Máis de 50 cativos asistiron á cita, na que a escritora presentou o seu último conto infantil, "Cando eu saiba ler".
Tamén deron comezo as sesións do Club de Lectura Sete Vidas. O libro elexido foi "Festina lente", de Marcos Calveiro, autor que visitará, o 23 de outubro, a libraría Libraida de Gondomar, onde falará sobre a novela e manterá un encontro cos lectores.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
Operación
Tipo de inmueble
Provincia
Anunciese gratis
El portal inmobiliario de 
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
53%
No 47%
 
Ver más encuestas »
Enlaces recomendados: Juegos | Vehículos de Ocasión | Proteja ahora su casa por sólo 99 €
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | El Boletín  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas