A plataforma "Queremos galego no Baixo Miño" afirma que o idioma non é un conflicto

É apolítica e conta con colectivos e persoas individuais

 01:47  

E.G. - TOMIÑO A plataforma "Queremos galego no Baixo Miño" se da a coñecer animando a toda a poboación a mobilizarse en defensa do idioma, "pois non é un conflicto". O músico guardés Tino Baz, é o portavoz e informa que a plataforma se constitúe cunha "pretensión de estabilidade no tempo". Encara como primeiras actividades a promoción no Baixo Miño da manifestación que o próximo 18 de outubro se celebrará en Santiago de Compostela, para respostar "ás agresións que o actual goberno da Xunta está levando adiante contra o noso idioma e a nosa cultura", di no seu comunicado, referíndose a política lexislativa como é a anulación do decreto do galego nas aulas ou a eliminación da proba do galego nos exames a postos na Administración. A plataforma asume no Baixo Miño a difusión da Iniciativa Lexislativa Popular "para que se respecten os nosos dereitos lingüísticos e para que a Administración garanta os usos públicos do galego". Agrupa a una trintena de colectivos de diversa índole, e a persoas que están a título individual, entre elas o guitarrista Tomás Camacho e o pintor Xosé Luís de Dios, entre outros. Deste xeito fai un chamamento para a integración das entidades que compartan afinidades e obxectivos con "Queremos galego".

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya