farodevigo.es » Comarcas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 
Xósé Represas Giráldez - Novo voceiro do BNG de Ponteareas

"O cambio vai servir para chegar á xente coa que aínda non conectamos"

Asegura que o seu nomeamento non se debe a unha crise senón a "un momento doce"

 20:38  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Xosé Represas, novo voceiro do BNG de Ponteareas na sede do partido.  // D.P.
Xosé Represas, novo voceiro do BNG de Ponteareas na sede do partido. // D.P. 

VERÓNICA PALLEIRO - PONTEAREAS Leva unha semana no posto de voceiro municipal do BNG tras ter sustituido en Xullo a Roberto Mera como concelleiro da Corporación de Ponteareas. Xosé Represas perfílase como alcaldable para as próximas eleccións pero o BNG aclara que "é a dirección nacional do Consello Nacional quén marca os prazos" e "todavía non se abríu o proceso" para a elección.

–Que sinte cando o BNG lle encomenda a tarefa de dirixir o partido en Ponteareas?


–É un orgullo poder exercer a portavocía do partido que gañou as eleccións en 2007 pero ao mesmo tempo unha enorme responsabilidade que asumo coas máximas gañas e ilusión. Síntome moi honrado pola confianza que os meus compañeiros me outorgaron e, en particular, polo apoio das persoas que lideraron o BNG nos últimos 15 anos.

–Ábrese unha nova etapa que pon fin a un liderádego de moitos anos con Roberto Mera ao frente do BNG. Pode isto mermar as expectativas políticas do nacionalismo en Ponteareas?


–Poucas forzas políticas teñen a sorte de cambiar o liderádego nun momento doce e positivo. O normal é facelo con crises internas ou por fracasos electorais. O BNG de Ponteareas faino cando se atopa no seu mellor momento e facémolo porque estamos convencidos, e Roberto Mera así o ten manifestado, de que o cambio vai servir para chegar a xente coa que aínda non fomos capaces de conectar.

–Supón o cambio unha ruptura co pasado recente do BNG?


–Non hai ruptura co pasado, porque estamos orgullosos del, é un pasado recente de éxitos políticos en Ponteareas. Acumulamos un grande capital político en 15 anos cunha organización moi forte e co apoio de máis de 3500 cidadáns, o 30% dos votos. Queremos aproveitar ese pasado, a experiencia acumulada e a aportación que persoas como Roberto Mera van seguir facendo ao BNG, para abordar o futuro inmediato.

–Como novo portavoz do BNG que vai ofrecer aos ponteareáns?


–Loxicamente vou ofrecer a alternativa política que representamos para Ponteareas, o noso proxecto de concello pensado para as maiorías sociais e o seu benestar. Son unha persoa que prefire dar solucións en lugar de criticar e por iso, eu, modestamente, quero aportar ao frente do BNG a defensa do noso proxecto desde o diálogo e o consenso e a capacidade de xestión. E tentarei contribuír a incorporar ao BNG a novas persoas que comparten o noso proxecto e que poden ver nesta nova etapa unha boa razón para dar ese paso.

–Cales serán as liñas de traballo do BNG até as eleccións municipais?


–Queremos dar resposta ao que máis preocupa aos veciños e veciñas. Eu estou convencido de que desde un concello se pode facer moito para xerar emprego e riqueza e para dar resposta a necesidades básicas como a vivenda ou os servizos públicos, sociais, educativos ou sanitarios. Facer de Ponteareas un concello con calidade de vida para o benestar dos ponteareáns é a nosa aspiración, para o que hai que afrontar asignaturas pendentes como o saneamento integral do concello ou a aprobación do PXOM.

–Que obxectivos se marcan para esta etapa?


–Lograr a alcaldía, por suposto. É un obxectivo irrenunciábel e posíbel. Esa é a nosa meta, en 2007 apenas nos faltaron 300 votos para lograr a alcaldía e estamos convencidos de que en 2011 por fin a conseguiremos co apoio de persoas que queren un cambio e que nos darán por primeira vez a súa confianza. Temos un proxecto para Ponteareas que pode apoiar a maioría dos ponteareáns. Moitas persoas que apoiaron ao PP ven un goberno dividido, esgotado e acabado, están defraudadas e buscan unha alternativa. Nós ofrecemos un proxecto que pode apoiar calquera ponteareán, incluidos os descontentos co PP, e temos a ilusión, as gañas e a capacidade necesaria para sacar Ponteareas adiante.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009