E.G. - A GUARDA
A primeiros da semana que vén estará operativa a conexión con Internet da rede wifi municipal "navegaguarda", a través do cabo de fibra óptica instalado pola empresa "R" en A Guarda. A partir dese momento xa se poderá navegar co ancho de banda suficiente para todas as persoas que se conecten.
A conexión poderá facerse na modalidade de media hora de duración, podendo navegar por Internet ao longo deste tempo nesta primeira fase de probas
O concelleiro delegado de Novas Tecnoloxías, Antonio Lomba Baz, informa que hai tres tipos de conexións pensadas para tres tipos de usuarios diferentes: a limitada a media hora diaria para persoas que realicen visitas rápidas; a que ofrece dúas horas de conexión cada día para as persoas que teñan unha estancia máis prolongada na vila; e a permanente que se lles ofrece ós residentes. Avisarase con antelación do comezo da segunda fase que será cando se realice a distribución dos bonos de dúas horas e se empece co rexistro dos usuarios permanentes para a distribución de claves.