EN DIRECTO

Un curso ensinará cociña aos nenos de Redondela

En tres xornadas aprenderán a comer mellor

 

REDACCIÓN - REDONDELA A Concellaría de Servizos Sociais e Igualdade, dirixida pola nacionalista Rosa Costas, seguindo coas súas liñas de traballo pola infancia e pola saúde, organiza unhas xornadas de "Cociñar coa infancia".
Con esta actividade quérese iniciar ás nenas e nenos de Redondela nos bós hábitos de alimentación, aprendéndolles receitas sinxelas e saudables, así como mostrándolles a importancia dunha boa alimentación de cara a manter boa saúde e previr enfermidades. Ao mesmo tempo trátase de fomentar a igualdade entre nenas e nenos e a importancia de compartir as tarefas do fogar.
A encargada de impartir este cursiño será a cociñeira Elena Argüello, que xa participara nunha Xornada sobre alimentación saudable que dende esta Concellaría se organizou a mediados de xuño.
As xornadas desenvolveranse os días 10, 11 e 12 de agosto, para nenas e nenos con idades entre os 8 e 12 anos, e o día 13 de agosto para nenas e nenos de 4 a 8 anos. O horario será de 10 a 12 horas, no Multiusos de Redondela.
Para participar é precisa unha inscrición previa chamando ao teléfono 986 40 26 08.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya