REDACCIÓN - SOUTOMAIOR
A decimoquinta edición dos Premios Lois Peña Novo ao uso do galego por parte de profesionais ou institucións tivo onte na Pousada do Castelo de Soutomaior o seu acto central, coa asistencia de persoeiros do eido da cultura e da política galegas.
O Concello de A Estrada foi un dos galardoados, polo seu compromiso iniciado en 1984 coa normalización lingüística na xestión administrativa "e nomeadamente, tamén, por ter demostrado na práctica que a galeguización da vida municipal é posible, desexable e agradable", salientou o xurado.
O estaleiro vigués H.J. Barreras foi recoñecido nesta edición dos Peña Novo "polo compromiso público desta empresa punteira no sector naval coa lingua galega, que indeitica a nosa identidades coas tecnoloxías de vangarda", sinala o fallo.
Emilio González Fernández, médico psiquiatra, recibiu o seu premio Lois Peña Novo "pola súa traxectoria profesional na que sempre utilizaou a lingua galega na relación médico-paciente". O xurado valorou o feito de el considerar "a lingua como vehículo dun mundo cultural que ten o paciente dentro", polo tanto dá un "valor terapéutico" ao galego, na liña de precedesores como Rof Carballo ou García Sabell.
O delegado do Goberno e o director de Política Lingüística asistiron ao acto na Pousada.