EN DIRECTO

Darío Xohán Cabana: "Álvarez Blázquez quitou o libro galego da miseria"

O Congreso clausurado onte en Tui o presenta como o gran promotor da edición de libros en lingua galega

 

EVA GONZÁLEZ - TUI A labor de Xosé María Álvarez Blázquez quedou amplamente reflexada no Congreso que baixo o seu nome clausurouse onte en Tui. Ponentes como Darío Xohán Cabana afirmaron que "Álvarez Blázquez, nos anos finais da ditadura franquista, quitou o libro galego da miseria, multiplicándoo e popularizándoo e facendoo entrar con vigor inesperado na etapa en que estamos".
A documentada conferencia final de Xohán Cabana sobre o que cita como "editor revolucionario", refírese a influencia exercitada por Álvarez Blázquez quen reactualizou coa editorial Castrelos as obras de Rosalía de Castro, Pondal e Curros Enríquez. "De pronto, xa non foron pálidas fantasmas ilustres, senón soldados do futuro, camaradas nosos; e hai que recoñecer en punto de utilidade práctica, que nestas cousas a veteranía pode ser un grao, e a xenialidade un bastón de mariscal". Para Xohán cabana, "erse foi un dos grandes méritos de Álvarez Blázquez", pois sen ele, eses grandes autores "non cumprirían o papel inmenso no imaxinario nacional galego", precisou o conferenciante.
Falou dun tempo no que se demandaba unha ferramenta coma edicións Castrelos que da man do home axeitado, conqueriu cotas inimaxinables para a literatura galega. "Álvarez Blázquez reunía en si a sabedoría do erudito, a condición política do nacionalista virado prá esquerda e amigo do pobo, a capacidade de interpretación, analítica ou distintiva, das súas necesidades, e ó mesmo tempo unha cousa que é ben difícil atopar: a habilidade comercial".
O académico Xosé Luís Méndez Ferrín clausurou o Congreso concluíndo que con él "aflora a verdade histórica. Así vaise construindo o país, mediante a palabra", dixo.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya