EN DIRECTO
Xosé Luís Méndez Ferrín

"Álvarez Blázquez abríu a porta á nova narrativa"

O académico inaugura hoxe o congreso sobre o autor cunha conferencia en Tui

 08:52  
Xosé Luís Méndez Ferrín, ponente da conferencia inaugural do Congreso Álvarez Blázquez, en Tui.
Xosé Luís Méndez Ferrín, ponente da conferencia inaugural do Congreso Álvarez Blázquez, en Tui.  

EVA GONZÁLEZ / TUI Xosé Luís Méndez Ferrín, doutor el Filoloxía, catedrático de Literatura no Instituto Santa Irene de Vigo, e membro da Real Academia Galega, abrirá as intervencións no Congreso Álvarez Blázquez ás 10.00 horas de hoxe, no Teatro Municipal de Tui, falando sobre "A literatura galega interpretada por Xosé María Álvarez Blázquez". Destaca como un dos momentos de especial valor na vida do persoeiro, falecido no ano 1985, cando "abríu as portas de Edicións Castrelos a escritores galegos da nova narrativa" cos que Ferrín sentíase solidario. Sobre a súa relación persoal, lembra as tertulias na taberna "Armando" , na Falperra de Vigo, despois de comer. Ferrín opina que Álvarez Blázquez está recoñecido. "É un polígrafo e como tal probablemente queda algo por descubrir", pensa, engadindo que "no Congreso poden haber aportacións moi interesantes" sobre o seu traballo.

-¿Tiña amistade co polifacético persoeiro tudense?
-Sí, moita, a pesares da diferencia de idade. Eu vivo en Vigo e os seus fillos foron alumnos meus no Instituto Santa Irene.

-¿Cal é a súa aportación ao Congreso?
-Son membro do comité organizador. A parte principal a levan Xosé Luís Axeitos é Rafael Sánchez Bargiela. É moi complicado falar de Álvarez Blázquez con poucas palabras, porque foi un home de múltiples facetas. Como intelectual, a súa visión fundamental é a historia, a humanidade que se move continuamente. A súa visión da literatura é en proceso dinámico, a transformación. Interésame a súa visión da historia da literatura, pois él era un poeta.

-¿Lembra algún momento de especial valor que viviran en común?
-Cando tivo Edicións Castrelos. recordo con interese cando abríu a porta a novos escritores galegos "da nova narrativa", como é o caso de Gonzalo Rodríguez Mourullo. Iso constituíu un acontecemento importante na miña vida. Sentíame solidario con eles. Sobre a relación persoal, algunhas veces parábamos na taberna "Armando", na Falperra de Vigo, que xa non existe. Participábamos na tertulia, despois de comer. Eu de rapaz aprendía moito...

-Como docente, ¿cal das obras de Álvarez escollería como lectura para xente moza?
-Para os afeizoados á poesía "Escolma de poesía galega", que é un libro de antoloxía sobre Martin Codax e Alfonso X.

-¿Significación que ten Álvarez como editor?
-Ten publicado e descuberto textos inéditos de autores que estaban esquecidos, como Nicomedes Pastor Díaz, poeta. Editou un precioso texto resgatado "Entremés sobre a pesca do río Miño", do século XVII, que é unha obra teatral sobre pescadores de Caldelas de Tui e de Valença.

  HEMEROTECA
Caja Negra        O Bichero         Floreano
Síguenos en...
CONÓZCANOS: CONTACTO | FARO DE VIGO | LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES | CLUB FARO DE VIGO | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya