Os organizadores confían no bo criterio de visitantes e campistas á hora de coidar o entorno, a fin de que Chan de Arquiña sexa o mesmo atractivo paraxe que era despois desta edición do Festichan. Ahí están por iso as recomendacións do manual do bo festivaleiro, que fala de respectar á natureza, coidar o monte e non deixar lixo; de non facer fogueiras e de non levar animais soltos ós concertos.

Patajullos recomenda tamén mercar merchandising, unha acción que permitirá colaborar no financiamento dun festival que se sostén cada ano con moi poucas axudas e con moito esforzo dos seus promotores, que sobreviven gracias ós ingresos da barra na zona dos concertos, donde haberá hora "ghapi" antes das actuacións.