O mal tempo obrigou onte a suspender a primeira xornada de concertos do Festichan 2008 xa que a causa da choiva que durante todo o día caeu sobre Chan de Arquiña danáronse varios equipos electrónicos e de sonido, o que impediu que os catro grupos que configuraban o cartel subiran ó escenario. Para compensar ós que pese a todo subieron á área recreativa de Domaio, que en gran número acamparon na zona pese á climatoloxía adversa, está prevista para hoxe -se o tempo o permite- unha sesión de concertos máis ampla, xa que Día de Furia e No Reply, que debían actuar onte, o farán hoxe para completar o cartel previsto. A festa musical comenzará arredor das oito da tarde.

Rock, jazz, licor café, punk, electrónica, malabares, rumba, camping, natureza, artesanía, hardcore e moita festa. Son os ingredientes deste Festichán 2008 que onte daba comenzo en Chan de Arquiña. A media tarde, a poalla que amargaba a veciños e visitantes nos cascos urbáns levaba horas dando a matraca na área recreativa de Domaio, polo que os promotores do evento, a Asosiasión Sosiocultural Patajullos, decidía suspender as actuacións.

A espera de que o tempo conceda unha tregua, para hoxe están previstos novos concertos protagonizados esta vez por Gecko Turner, que traerá a súa música afromeña dende Extremadura. Sorkun&Vicepresidents deleitarán á concurrencia co seu rock chegado do País Vasco, mentras que os cataláns Sherpah o fará coa rumba-fusión. Finalmente actuará Jit, grupo representante da comarca do Morrazo que forma parte deste cartel por méritos propios, xa que foi o gañador do concurso de maquetas do Festichan. Será pola noite e como ven sendo habitual nese evento, asistir será totalmente gratuito.

Actividades paralelas

Ademáis, durante a xornada haberá outro tipo de actividades, como rutas de sendeirismo polo entorno de Chan de Arquiña. Tamén haberá obradoiro de malabares a cargo da asociación Malandraxe, que levará a cabo talleres de diábolo, mazas ou bolas. Os interesados en participar nestas actividades deberán preguntar ós membros da organización o acercarse ao posto de tickets.