in memorian - Pepín

J. M. Roldán, "Pepín": El é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea

O Presidente da Federación de Peñas do Celta de Vigo lembra a un dos afecionados do club máis queridos

17.08.2017 | 16:10
J. M. Roldán, "Pepín".

Que se pode escribir dun celtista? Unha persoa que nunca lle fixo falla demostralo, xa que Pepín é o celtismo e o seguirá sendo alá onde estea.

Ante todo, era unha persoa íntegra. Pouco o coñecín, pero dende a inauguración da Peña Celtista Sempre Pahiño, a que pertenecía, nunca deixou de saudarme e de ter unhas verbas, sobre todo en Barreiro, onde daba seu apoio o RC Celta B, e non so a miña persoa, se non a todos aqueles celtistas os que lles daba tempo para tal cometido, posto que o del era ondear a bandeira do RC Celta, súa bandeira, e non so co filial, se non dando apoio tamén o RC Celta en Balaídos, tanto fora, antes do comezo do partido, coma na grada onde contaxiaba os do redor para animar.

Cando teu día chegou, en nome do celtismo e desta Federación de Peñas, lembrarémoste coma o que fuches en vida: CELTISTA!!! E que mellor homenaxe que o vindeiro sábado o equipo dos teus amores che dedique a vitoria.

*Presidente da Federación de Peñas do RCCelta

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

EL CELTA, EN CIFRAS

Celta de Vigo

Toda la información sobre tu equipo

Consulta aquí el calendario, las estadísticas, los jugadores, el resultado de los partidos, los directos... Todo a tu alcance


Enlaces recomendados: Premios Cine