farodevigo.es » Cartas
 Noticia anterior   Noticia siguiente 

O galeguismo

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Carlos Vázquez Gil - Arbo

Saiban vostedes que o galeguismo é unha ideoloxía de tipo nacionalista que ten como obxectivo a defensa de Galiza mediante a creación de institucións propias. Xorde a mediados do século XIX co Provincialismo e posteriormente co Rexionalismo, e o termo comeza a usarse dende a constitución da Irmandade da Fala.
Saiban vostedes que Daniel Castelao, o pai do nacionalismo galego, fundou o Partido Galeguista no ano 1931 e logrou xunto con Alexandre Bóveda e moitos outros "bos e xenerosos" que o Parlamento español da República aprobase o Estatuto de autonomía no ano 1937 en plena guerra civil, aínda que endexamais puido aplicarse. Bóveda foi asasinado no monte da Caeira amarrado a un piñeiro, de catro tiros, e Castelao alcumado o "Ghandi" galego tivo que deixar para "Sempre Galiza" por mor da ditadura franquista.
Saiban vostedes que algúns políticos nos actos oficiais inchan o peito diante dos cidadáns para cantar no himno galego "nación de Breogán" e despois negan tal condición para Galiza no Estatuto que é a Constitución galega, a ferramenta onde se asentan os alicerces para o desenvolvemento económico, social, cultural e político de tódolos galegos e galegas.
O presidente do PP de Galicia sae nos medios de comunicación dicindo que quere un Estatuto cando menos igual ao de Catalunya, pero nega a condición nacional da súa Terra.
O preámbulo do Estatut catalán di textualmente: O Parlamento de Catalunya recollendo o sentimento e a vontade da cidadanía de Catalunya definiu de forma amplamente maioritaria Catalunya como Nación".
Agora está moi de moda mal usar o termo "galeguista" por parte dalgúns políticos que levan o amor á Terra na sola dos zapatos e viven para o seu bandullo falando sempre en castelán e adoutrinados baixo a servidume dos seus xefes políticos estatais, son os mesmos que durante séculos nos trouxeron a pobreza e a inmundicia; non teñen dignidade.
Saiban vostedes que o verdadeiro Galeguismo é o que nace e morre políticamente en Galiza, sexa de dereitas ou de esquerdas.
Como ben di Avelino Pousa Antelo: hai galegos, gallegos e galleguiños. Para crear un futuro mellor para "todos" é preciso que moitos "gallegos" se decidan a ser "galegos" e que desaparezan os "galleguiños".
Carlos Vázquez Gil - Arbo

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
  Encuestas de actualidad
¿Considera que debe ampliarse la dotación judicial en Vigo para evitar los atascos de sentencias?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
91%
No 9%
   
¿Debe compensar el Concello al pequeño comercio afectado por las obras de humanización?
  Sí
  No
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
50%
No 50%
 
Ver más encuestas »
  CONÓZCANOS:  CONTACTO |  FARO DE VIGO |  LOCALIZACIÓN Y DELEGACIONES |  CLUB FARO DE VIGO     PUBLICIDAD:  TARIFAS |  CONTRATAR  
farodevigo.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de farodevigo.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Información  | La Opinión A Coruña  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009