A partir do sábado día 13, a palabra Paz non comeza coa letra P..., é triste para tantas boas persoas que equivocadamente militan non Partido Popular e que se deixan enganar polos seus dirixentes. Son persoas para que dita palabra debería significar moito máis, xa que practican o exercicio de comulgar cada domingo, pero hasta aquí seguen coa estratexia que se marcaron dende aquel día 14 cando perderon unhas eleccións democráticas. Coido que se están a trabucar, xa que todos temos que estar unidos contra o terrorismo e non só exercitalo cando eles nos invitan a facelo na Praza do Rei.
Señores do PP, cren vostedes que a cidadanía é parva? Pois non, non o crean porque pode pasarlles factura, e se así fose algúns tendriamos que emigrar.
Isto de crer que somos parvos, tamén se está a aplicar no Goberno Municipal de Vigo, e con isto refírome ó plan de parroquias, que non é máis que un lavado de cara, porque na realidade as cousas necesarias non se están a acometer.
A miña esperanza é que estes problemas cheguen o seu fin a partir do mes de maio, onde os cidadáns elixirán ás persoas que leven a bo destino os problemas da nosa cidade.
Enrique Ordóñez Rey - Vigo